Puntos de observación preferentes

Para que vivas as eclipses como a mellor experiencia posible, as distintas administracións autonómicas e locais identificaron unha serie de puntos de observación preferentes. Son lugares que reúnen condicións óptimas de visibilidade, accesibilidade e capacidade para acoller persoas de forma segura.

Ó longo das próximas semanas iremos incluíndo novas localizacións. Por este motivo, a información e o mapa oficial poderán sufrir modificacións e actualizacións periódicas.

Con todo, é importante que lembres que estes non son os únicos lugares desde os que podes desfrutar do fenómeno. Se a túa localidade se atopa dentro da franxa de totalidade e tes unha vista despexada cara o horizonte oeste (no caso da eclipse do 12 de agosto de 2026), o mellor sitio para ver a eclipse é aquel no que xa te atopas.

Evitar desprazamentos innecesarios axúdanos a todos a garantir a seguridade viaria e a reducir as aglomeracións. Consulta o centro de traxectorias para confirmar se a túa localización actual é idónea antes de planificar un traslado.